Departures in Vigo » viaxe

¿Cómo olvidarse da rutina?
Hai un ano eu estaba vivindo unha nova e xenial experiencia. En Marzo do 2008 estaba en Kingston, Londres, lugar que deixou unha pegada no recordo e no meu corazón. Aínda non podo evitar sentir rabia cando me pego un belisco e comprobo que non estou en ningunha das miñas aventuras nas que tanto disfrutei. Pero é que as veces, case inconscientemente soño desperta, trasládome a outro lugar e tempo pasados onde aprendía algo novo cada segundo e iso me facía medrar á velocidade da luz… Agora síntome un pouco como supuxen que me sentiría unha vez que volvín de novo a Galicia, estancada nunha rutina que eu mesma me impoño…pero é que non hai outra, só queda este curso e logo xa verei o que fago. Isto é o mellor  agora.

Agora, é unha das nosas mellores amigas, Blanca, a que se marcha, a que , aínda que de xeito diferente, emprenderá unha nova aventura na súa vida. Precisamente tamén preto de Londres, co cal eu estou moi contenta por ela, aínda que é inevitable pensar “eu quería”…Pero cada un ten o seu momento e a súa oportunidade. Alégrome moito por ela,pois este é un gran paso, así que lle desexo todo o mellor. Eu xa tiven a miña oportunidade, pero quedei con ganas de máis, a miña forma de ver a vida pídeme moito máis.Por esa razón intento encher a miña rutina de todo o que penso que me pode axudar a levala de mellor maneira dentro do posible. De maneira que emprego parte do meu tempo a actividades que, xunto coas clases na facultade, me axuden a levar a semana da maneira máis dinámica posible , e así poder non pensar tanto na rutina. Creo que é a mellor cura cando un se sinte estancado,paralizado nun tempo e lugar. A quen lle pase o mesmo, que o probe, e que logo me conte se lle funciona. Porque sería interesante buscar “solucións” a esa situación, se a rutina non se pode evitar.

Nova viaxe no horizonte!
En menos de dúas semanas collo un autobús en Pontevedra, dirección a… Madrid. Pois sí, que xa fai 3 anos que non piso a capital (o aeroporto non conta!) así que xa era hora de volver. Todo se debe a unha cita coa arte. Si, a Facultade (Belas Artes) organiza o desprazamento para que poidamos ter a oportunidade de ir á Feira Internacional de Arte Contemporánea (ARCO). E este ano a mín faime especial ilusión asistir a este evento sobretodo por dúas razóns destacables: 1- Posiblemente sexa a última viaxe que faga coas amigas da clase durante a carreira, e 2- Este ano o país destacado pola feira é a India!!!E como saben todos aqueles que me coñecen, sinto unha gran paixón por este país, a súa cultura, crenzas e costumes. Pois a pesar de que aínda non tiven a oportunidade de poder visitalo (un estudante non gaña diñeiro), fixen un proxecto de Pintura tratando as costumes, vestimentas e crenzas que hai nese país,….e síntome atraída polas súas crenzas e cultura.

Desexando que chegue o día da viaxe, espero respirando despois de un mes cheo de entregas de traballos e exames. A verdade é que o que dí que en Belas Artes non se traballa moito está claro que non ten nin idea do que dí, porque levamos todo un cuadrimestre cargado e facendo moitas horas extra…Hai semanas en que non se me ía o olor ós químicos de fotografía das mans en días!Por non falar dos restos de pintura que non daban saído mesturados con restos de cola nos dedos!!Así que, sexamos honestos, vagos son os das carreiras nas que non se teñen que poñer a estudiar ata un mes e medio antes dos exames!

Así pois, estes días terei un merecido descanso de final de cuadrimestre ( aínda que non de todo, xa hai un novo traballo que facer).E logo…Madrid!Iremos en busca de arte e todo aquilo que unha gran cidade pode ofrecer! A ver como se nos presenta esta capital.

Partes cheas, partes baleiras. Gracias por vir Pablo!
Aquí o antes e o despois, despois de encherme esta anterior baleira habitación, agora vólvese a baleirar, e nótase máis o cambio. Aquí á volta ós meus solitarios pensamentos, as comeduras de cabeza, a querer mercar unha revista para ter onde mirar, a ter como fin nunha tarde de Domingo ir ó Starbucks de sempre a tomar un café moca, eso sí,as 5 da tarde de volta a casa, pois vaise facer de noite, todo pecha e estou soa.After seeing some photos of a parade the first thing I think is that life is like a humour show, sometimes there are good jokes, you’re so happy but another moments the jokes are bad and you see a sad comedian inside…A continuación iremos facendo un tour turístico persoal por Londres ou London trala visita de Pablo a estas terras de green fields. Este lugar ten moitos recunchos….e as veces vale máis o que ves de casualidade.