Departures in Vigo » Galicia

¿Cómo olvidarse da rutina?
Hai un ano eu estaba vivindo unha nova e xenial experiencia. En Marzo do 2008 estaba en Kingston, Londres, lugar que deixou unha pegada no recordo e no meu corazón. Aínda non podo evitar sentir rabia cando me pego un belisco e comprobo que non estou en ningunha das miñas aventuras nas que tanto disfrutei. Pero é que as veces, case inconscientemente soño desperta, trasládome a outro lugar e tempo pasados onde aprendía algo novo cada segundo e iso me facía medrar á velocidade da luz… Agora síntome un pouco como supuxen que me sentiría unha vez que volvín de novo a Galicia, estancada nunha rutina que eu mesma me impoño…pero é que non hai outra, só queda este curso e logo xa verei o que fago. Isto é o mellor  agora.

Agora, é unha das nosas mellores amigas, Blanca, a que se marcha, a que , aínda que de xeito diferente, emprenderá unha nova aventura na súa vida. Precisamente tamén preto de Londres, co cal eu estou moi contenta por ela, aínda que é inevitable pensar “eu quería”…Pero cada un ten o seu momento e a súa oportunidade. Alégrome moito por ela,pois este é un gran paso, así que lle desexo todo o mellor. Eu xa tiven a miña oportunidade, pero quedei con ganas de máis, a miña forma de ver a vida pídeme moito máis.Por esa razón intento encher a miña rutina de todo o que penso que me pode axudar a levala de mellor maneira dentro do posible. De maneira que emprego parte do meu tempo a actividades que, xunto coas clases na facultade, me axuden a levar a semana da maneira máis dinámica posible , e así poder non pensar tanto na rutina. Creo que é a mellor cura cando un se sinte estancado,paralizado nun tempo e lugar. A quen lle pase o mesmo, que o probe, e que logo me conte se lle funciona. Porque sería interesante buscar “solucións” a esa situación, se a rutina non se pode evitar.

Un mes de distancia para pensar sobre a miña experiencia en UK
Rosalía dicía “Adiós ríos, adiós fontes” a unha Galicia que mantiña no corazón con morriña dende a distancia.

Eu sinto unha morriña hacia as terras londinenses, que aínda que non é o meu fogar, si que sentín que o fora durante uns meses. Non o puiden evitar, collinlle cariño a aquelo, e non foi difícil para mín. Deixei un trociño de mín alí, e espero volver e poder recuperalo de novo.

Boto de menos todo, trato de non mirar as fotos por medo a poñerme triste, trato de non conectar cos de alí para non notar tanto que eu xa non estou alí e que outras vidas diferentes continúan tras a miña que rematou alí hai xa máis de un mes.

Fáltame moito escoitar falar inglés o meu redor, e os círculos de culturas que caracterizaban o lugar onde eu vivía, Kingston (aforas de Londres). Se ata me falta a voz que no tren a Londres informaba de cada cousa para que ninguen se sentise perdido. ” This is a Southwest Trains service to London Waterloo” dicía esa voz. “Calling at : Norbiton, New Malden, Raynes Park, Wimbledon, Earlsfield, Clapham Junction, Queenstown Road, Vauxhall and London Waterloo.” “This is Vauxhall, please mind the gap between the train and the platform.”

Con só dicir que hoxe collín  o tren de Pontevedra a Vigo* para recordar e enganarme un pouco facéndome sentir que quizáis estaría como en Londres por un intre…

Pero a vida sigue, e agora traballando uns días e en busca de traballo. Volvo a estar na casa, cos meus pais,  con Pablo, coas/os miñas/os amigas/os, …e o mellor que se aproxima…a nosa esperadísima viaxe a Berlín! Esa viaxe que levo anos querendo realizar, cando chegue alí non o vou poder crer. E aínda por riba a volver a practicar o meu olvidado alemán!

* Que conste que as vistas dende o tren da preciosa Ría de Vigo non ten nada que envidiar a ningún outro lugar.

Seguinte apartado
Punto e aparte. Xa volvín a Galicia hai unhas semanas e entre tanto intento acostumbrarme á realidade de novo. A verdade é que non teño palabras para calificar a miña estancia no reino Unido, porque deu para moito en pouco tempo, foi intensa…e moito máis. Agora xa me din o golpe na cabeza e xa volvo ó de antes….¿ó de antes? Aínda non estou o 100% segura porque noto cambios en algunhas persoas hacia mín, noto cambios en actitudes,miradas e comportamentos….¿qué é o que pasa? ¿Ou son eu a que cambiei?

A verdade só sei que estou moi perdida, e non sei por onde empezar, e como se tivera que volver a crear a miña vida aquí, facerme un hoco e non sei por que vía… Estamos en proceso, de momento pásolle a palabra a Pablo para que me bote unha man.