Últimamente non deixo de ver traballos de arquitectura…algo que sempre me fascinou.. é como a instalación de arte pero a grande escala…
E agora mesmo teño fixación polos traballos deste estudio de arquitectura Bercy Chen…os seus traballos parécenme magníficos.
Foi fundado en 2001 e ten a súa base en Texas, EEUU. Gañaron importantes premios e situáronse entre os 10 mellores “grupos” emerxentes. Os seus fundadores viñan de lugares moi diferentes (Bélxica e Taiwan). Con influencias de diferentes culturas do mundo, pretenden facer unha arquitectura innovadora na que teña un papel importante o feito de ser sostible e respetar á natureza.
Un dos seus traballos que máis me gusta é Red Bluff Residence, en Austin, Texas. Unha obra que funciona como unha instalación feita específicamente para ese lugar concreto e como unha extensión da paisaxe. A forma do tellado foi influenciada pola arte do Origami. A relación da arqutectura coa paisaxe baséase no tipo de casa americana “pit house”, unha construcción subterránea, na que se mantiña temperaturas suaves durante todo o ano, e o sistema utilizado favorece á máxima eficiencia no uso de enerxía.
Persoalmente recórdame ás casas de películas fantásticas..nas que a natureza é algo que se destaca moito…acaso non pensamos nas casas dos hobbits de El señor de los anillos? Eu alo menos sí que o fago… Por moi bucólico que pareza.. non me importaría vivir nunha casa-cova no medio da natureza…todo sería probalo!







