Departures in Vigo Rotating Header Image

Terra de Vikingos…

Hai unhas semanas xa que estivemos de viaxe por Suecia e Dinamarca, e…non pasa un día dende aquela que non pense en volver…

E pensar que cando estabamos alí ó final do día acababamos agotados de tanto camiñar  e ver…pero é que eses parques…deixaron unha pegada en min…e  a verdade é que para mín non hai nada como unha cidade grande cunha zona activa (digamos un centro e casco histórico como ten que ser) e logo a natureza invadindo diversos puntos desta así como rodeándoa….  E este modelo ségueno, na miña opinión…cidades como Londres, Berlín, Edinburgo, Amsterdam e …Copenhague. Por iso considero que son as miñas cidades favoritas de entre as que tiven oportunidade de coñecer.

¿Por qué non aprenderían neste país,ou polo menos na cidade de Vigo, a facer un tipo de construcción ben feita e seguindo un deseño e estética adecuados para a cidade ? Gústame onde vivo,pero debo recoñecer que a organización urbanística e as construccións son o peor que hai. Senon, recomendo viaxar ós países do Norte para comprobalo…

Copenhague é unha capital,pero pequena para selo…Posto que se fai doado coñecela a pé, iso sí…distribuíndo áreas por días…porque aínda que non o pareza…un acaba moi canso ó final do día se non se toma algún que outro descanso nalgún momento. Nótase que aínda que Occidental e Europea, a súa cultura e forma de vida son bastante diferentes ás nosas, por non falar do diferentes que son a nós físicamente os Daneses e Suecos,practicamente todos loiros,moi brancos de pel, altos e esbeltos…vamos…que os españois en xeral parecemos enanitos ou hobbits ó seu carón.

En canto a cidade digamos que se fai moi agradable o pasear por ela aínda que non atope nela museos ou galerías como os/as de Berlín. Pero os seus canais…esa auga que só con vela refresca, esos parques dun verde intenso, ese centro da cidade coidado e peonal limitado por magníficos e monumentais edificios, e rodeado por plazas con cadanseu monumento que se eleva con poder,fan que a fría imaxe que poidamos ter dunha cidade escandinava se convirta nun sorriso de agrado,nunha imaxe dunha cálida acollida. E a verdade é que non pensei que me entrasen ganas de volver tan axiña…pero sí, xa quero volver!! Aínda que me soe pasar con cada cidade que visito e me gusta… Así que supoño que non se me marcharan as ganas ata a próxima viaxe que realice… :)

Canal en Copenhaguen
Share and Enjoy:
  • Print
  • Digg
  • Sphinn
  • del.icio.us
  • Facebook
  • Mixx
  • Google Bookmarks
  • Blogplay

2 Comments on “Terra de Vikingos…”

  1. #1 Nuria
    on Dic 1st, 2009 at 23:23

    ¡Suecia! ¡Qué sorte! ¡E moi fermoso! Por certo, ¿falas sueco? Ando a procura de alguén para practicar :P

  2. #2 lidiabcf
    on Mar 8th, 2010 at 18:59

    Si!é moi bonito! Sintoo,pero non falo sueco. Sorte! :)

Leave a Comment