Moito tempo levamos sen comunicar nada novo, e a cuestión é que eu estiven ata arriba de traballo estes últimos meses. Con decir que ata o Xoves non acabei e que durante case unha semana estiven case sen durmir… Pero xa o ceo despexou, xa estamos a mediados de Xuño e hai novas que comunicar….
Estou a piques de remata-la carreira,ou iso espero.
Actualmente estou cunha exposición colectiva na Casa da Xuventude de Vigo, que está dende o 8 ó 19 de Xuño aberta ó público, así que vos convido a pasr por alí. Poderedes ver traballos de Lara Abeledo, Estefanía Alonso, Tamara Conde, e meus claro. E así contemplar cales son algunhas das miradas que nos ofrecen persoas a punto de Licenciarse en Belas Artes. A sala abre de 9 a 14h e de 17 a 20h.
E por último…. nunha semana Pablo e mais eu estaremos en Copenhaguen!!! Esta vez decidimos que este podería ser un destino interesante….a ver a ver…xa vos informaremos!!






0 Comments on “Novas!”
Leave a Comment