Departures in Vigo Rotating Header Image

De volta

Pois non durou moito o fin de semana…pero estivo ben aproveitado.
 
Aquí fago un resume da viaxe a Londres:  

O venres foi dia perdido polos camiños..

O Sábado fomos a unha galería de arte e a Borough Market (sitio recomendadísimo!), e pola tarde- noite quedamos con Natalia, unha amiga nosa que está traballando de au pair alí. Facía moito que non a viamos e fíxonos ilusión reencontrarnos con ela. Con ela paseamos dende  Carnaby, polo Soho e Chinatown ata Leicester e Trafalgar Square, onde pasamos por diferentes ambientes caracetrísticos desta cidade. Debo decir que cada vez que vou o meu maior desexo e que me encadeen alí e perda o avión e non poida volver…ou, se iso non pode ser, que polo menos haia algún pequeno factor que me obrigue quedar ali ou ir máis tempo … Pero nunca funciona, asi que aquí estou en Vigo/Pontevedra e viceversa.

Bueno, o Domingo tivemos o bautizo de Anabel (2º nome Inés), a filla de Ricardo (o primo de Pablo) e Mandy. A min fíxome especial ilusión porque xa coñecía á nena da última vez que foramos e tamén porque era o 1º bautizo o que eu ía.

A comida xenial, en especial a tarta!!Sabia a gominola!En concreto ó interior das regalices vermellas e brancas. Esa noite paseamos Pablo e eu polo centro da cidade, esta vez achegámonos ata Picadilly. 

E o Luns voltamos, e para coller forzas…un café do Starbucks! (O sorprendente foi que non tomara ningún ata ese día)…

E isto foi todo. Eu quedei moi contenta, a lástima foi non ter máis oportunidade de poñer en práctica o idioma….

Pero sei a solución…Terei que volver…. Ha ha ha!Londres…. volverei!!!

:)

Aquí vos deixo un pase coas miñas fotos desta última viaxe:


Created with flickr slideshow.

Share and Enjoy:
  • Print
  • Digg
  • Sphinn
  • del.icio.us
  • Facebook
  • Mixx
  • Google Bookmarks
  • Blogplay

0 Comments on “De volta”

Leave a Comment