Falo de Gran Torino , unha película feita e protagonizada por Clint Eastwood, que co personaxe de Walt,comparte protagonismo cun Ford Gran Torino de 1972 e con veciños do sudeste asiático.
Conta unha historia que, aínda que cun toque de humor cargado de ironía, é un retrato real do día a día que se pode vivir en suburbios de moitas cidades. Walt vive unha situación molesta e tensa, pero que él a leva cunha forza, personalidade e madurez incríbles, sendo capaz, a pesar da súa vellez, de manexarse por sí mesmo en cada situación, sabendo moi ben como actuar en cada un deses momentos tensos, facendo que incluso parezan carecer de gravedade.
A historia en sí non é demasiado rebuscada, é algo “fácil” de entender. Pero o importante aquí é o detalle en cada escena e o significado do que nos dí a través dun bó guión. E iso vese na expresión ou tono que cada punto clave adquire. Xogando coa ironía fai unha crítica de algúns aspectos da nosa sociedade e a vida nos suburbios ou na rúa en xeral. Danos o seu punto de vista, por unha parte o máis racional, ante moitos comportamentos da xuventude actual e da forma en que nos adaptamos ó medio en que vivimos. Vemos cousas da vida dende un punto de vista do que non estabamos acostumados: dende as “estupideces” de “a ver quen é o máis chulo do barrio”, as do que quere facerse pasar por ser dun grupo social do que é rechazado, ós que cren que poden sairse sempre coa súa pola súa condición, ata os que buscan polo mal camiño ser ” respetados” polos demáis, ou que incluso gardan rencor á aquel que escolle seguir o seu propio camiño na vida.
Con esta película, aprendemos que debemos saber convivir da mellor maneira co que nos toca, sempre e cando todo sexa e se faga da maneira máis xusta e sendo civilizados, pois sempre hai algo novo que aprender de cada situación que vivimos; e que a todos nos chega o noso merecido.
Así mesmo, Walt, un veterano da Guerra de Corea, á súa idade demóstrase a sí mesmo que aínda ten unha función na vida e que os seus coñecementos desta poden servir, e tamén acaba sendo consciente dos seus prexuízos raciais, e que non todo é branco ou negro… tamén hai algunha cor que vai por libre e non se achega a ningún bando.
A miña conclusión despois de ver a película: Unha obra maestra, recoméndoa.






0 Comments on “Unha película feita con cabeza, con moita cabeza”
Leave a Comment