Departures in Vigo Rotating Header Image

Festa da Arribada en Baiona

En Marzo de 1493 chega á península a primeira carabela das tres que acompañaban  a Cristobo Colón en busca de outras terras  ó outro lado do Océano. Tralo descubrimento de América,o primeiro lugar onde se informa da noticia é en Baiona( ó sur da provincia de Pontevedra, aquí en Galicia). E por iso cada ano se celebra a festa da Arribada da carabela Pinta na que se comunica ese descubrimento do Novo Mundo, un descubrimento que marcou o curso da nosa historia e que axudou ós nosos antepasados a coñecer máis e mellor o mundo onde vivimos.

Pois ben, co feito de ter unha 2º vivenda nesta vila eu xa me sinto aferrada a ela, polo que tamén me gusta poder asistir ás celebracións que aquí se fan. E neste 516 Aniversario da Arribada, Pablo e máis eu asistimos a este evento, celebrado o 7 e 8 de Marzo.

As festas históricas están tendo moita fama en Galicia, ata o punto de que cada ano asiste moita máis xente… e iso fai que máis vilas teñan interese en face-la súa propia festa histórica, polo cal, é algo que se está expandindo entre a cultura e tradicións. Pero a de Baiona ten algo que a diferencia…O feito histórico polo que se celebra é de gran importancia. A mín gústame porque non é nen moi grande nen moi pequena, e a pesares das moreas de xente pódese disfrutar  sen cansar demasiado. A mín persoalmente o que máis me gusta é poder ver tanta variedade de postos de estilo medieval onde se mostra toda a artesanía, comida e repostería que unen as tradicións coa actualidade. A decoración e vestimentas da xente, así como as actuacións teatrais e a mostra de oficios e utensilios que nos fan ver como vivían naqueles tempos, considero que son de gran atractivo para o visitante que quere coñecer un pouco máis sobre a esencia dunha vila e a súa historia, especialmente para o que non a coñecía.

Así mesmo, a organización de numerosas actividades durante os dous días das festas deixannos satisfeitos de ter asistido. Non cabe dúbida que é unha cita anual moi recomendada!

Saúdos. Lidia.

Share and Enjoy:
  • Print
  • Digg
  • Sphinn
  • del.icio.us
  • Facebook
  • Mixx
  • Google Bookmarks
  • Blogplay

0 Comments on “Festa da Arribada en Baiona”

Leave a Comment