Departures in Vigo Rotating Header Image

¿Cómo olvidarse da rutina?

Hai un ano eu estaba vivindo unha nova e xenial experiencia. En Marzo do 2008 estaba en Kingston, Londres, lugar que deixou unha pegada no recordo e no meu corazón. Aínda non podo evitar sentir rabia cando me pego un belisco e comprobo que non estou en ningunha das miñas aventuras nas que tanto disfrutei. Pero é que as veces, case inconscientemente soño desperta, trasládome a outro lugar e tempo pasados onde aprendía algo novo cada segundo e iso me facía medrar á velocidade da luz… Agora síntome un pouco como supuxen que me sentiría unha vez que volvín de novo a Galicia, estancada nunha rutina que eu mesma me impoño…pero é que non hai outra, só queda este curso e logo xa verei o que fago. Isto é o mellor  agora.

Agora, é unha das nosas mellores amigas, Blanca, a que se marcha, a que , aínda que de xeito diferente, emprenderá unha nova aventura na súa vida. Precisamente tamén preto de Londres, co cal eu estou moi contenta por ela, aínda que é inevitable pensar “eu quería”…Pero cada un ten o seu momento e a súa oportunidade. Alégrome moito por ela,pois este é un gran paso, así que lle desexo todo o mellor. Eu xa tiven a miña oportunidade, pero quedei con ganas de máis, a miña forma de ver a vida pídeme moito máis.Por esa razón intento encher a miña rutina de todo o que penso que me pode axudar a levala de mellor maneira dentro do posible. De maneira que emprego parte do meu tempo a actividades que, xunto coas clases na facultade, me axuden a levar a semana da maneira máis dinámica posible , e así poder non pensar tanto na rutina. Creo que é a mellor cura cando un se sinte estancado,paralizado nun tempo e lugar. A quen lle pase o mesmo, que o probe, e que logo me conte se lle funciona. Porque sería interesante buscar “solucións” a esa situación, se a rutina non se pode evitar.

Lidia en Londres, 2008

Share and Enjoy:
  • Print
  • Digg
  • Sphinn
  • del.icio.us
  • Facebook
  • Mixx
  • Google Bookmarks
  • Blogplay

0 Comments on “¿Cómo olvidarse da rutina?”

Leave a Comment