Departures in Vigo Rotating Header Image

Nova viaxe no horizonte!

En menos de dúas semanas collo un autobús en Pontevedra, dirección a… Madrid. Pois sí, que xa fai 3 anos que non piso a capital (o aeroporto non conta!) así que xa era hora de volver. Todo se debe a unha cita coa arte. Si, a Facultade (Belas Artes) organiza o desprazamento para que poidamos ter a oportunidade de ir á Feira Internacional de Arte Contemporánea (ARCO). E este ano a mín faime especial ilusión asistir a este evento sobretodo por dúas razóns destacables: 1- Posiblemente sexa a última viaxe que faga coas amigas da clase durante a carreira, e 2- Este ano o país destacado pola feira é a India!!!E como saben todos aqueles que me coñecen, sinto unha gran paixón por este país, a súa cultura, crenzas e costumes. Pois a pesar de que aínda non tiven a oportunidade de poder visitalo (un estudante non gaña diñeiro), fixen un proxecto de Pintura tratando as costumes, vestimentas e crenzas que hai nese país,….e síntome atraída polas súas crenzas e cultura.

Desexando que chegue o día da viaxe, espero respirando despois de un mes cheo de entregas de traballos e exames. A verdade é que o que dí que en Belas Artes non se traballa moito está claro que non ten nin idea do que dí, porque levamos todo un cuadrimestre cargado e facendo moitas horas extra…Hai semanas en que non se me ía o olor ós químicos de fotografía das mans en días!Por non falar dos restos de pintura que non daban saído mesturados con restos de cola nos dedos!!Así que, sexamos honestos, vagos son os das carreiras nas que non se teñen que poñer a estudiar ata un mes e medio antes dos exames!
Así pois, estes días terei un merecido descanso de final de cuadrimestre ( aínda que non de todo, xa hai un novo traballo que facer).E logo…Madrid!Iremos en busca de arte e todo aquilo que unha gran cidade pode ofrecer! A ver como se nos presenta esta capital.
Share and Enjoy:
  • Print
  • Digg
  • Sphinn
  • del.icio.us
  • Facebook
  • Mixx
  • Google Bookmarks
  • Blogplay

0 Comments on “Nova viaxe no horizonte!”

Leave a Comment