A celebración de Fin de Ano é todo “un clásico” nesta sociedade. Sempre está ben dedicar un día de FESTA no Nadal…pero… ¿Por que nos temos que gastar 100 euros ou máis nun vestido ou traxe que non imos volver poñer nun ano, os 35, 50 ou 60 euros de entrada nos locais para poder celebralo? ¿Para que tanta barra libre e cotillón?
Todo son gastos, e se facemos contas…entre uns detalles e outros ¡¡podémonos deixar entre 100- 200 euros nunha noite tranquilamente!!Tirámo-la casa pola ventá. E, ¿a experiencia váleo…? Para mín, dende logo: non. Realmente soo pasalo moito mellor outra noite calquera cando o único que quero é pasar un bo rato cos/ as meus/miñas amigos/as. A festa non é mellor por ser ese día.
Logo está ese Fin de Ano no que decides que non vas pagar máis de 10 euros para entrar en 1 ou 2 pequenos locais…, vale,pero tampouco é mellor, pois despois de 2 horas dentro de cada local acábaste agobiando e tes que saír á rúa, e así a cada pouco, de forma que acabas pasando casi máis tempo na rúa buscando máis locais pequenos onde poidas entrar sen gastarte outros 10 euros (tarea difícil). Ademáis acabas farto de repetir durante toda a noite o mesmo “¡Feliz Ano Novo!” con tono eufórico, e sempre é o mesmo.
Paréceme unha festa falsa, intenta parecer algo que realmente non é. Un sempre vai con moitas espectativas para ese cambio de ano ( comezar “ben” o ano…), e ó final nunca é como pensabamos: a barra libre fai que a xente se descontrole, e xa postos: o cotillón moitas veces é escaso, incluso “invisible”…, o traxe ou vestido acabase manchando por culpa de algún/ algunha que sen querer che tira a copa enriba,… así que todo nos acaba saíndo caro e nos mesmos pensamos que vai ser mellor….¡Parece que non nos importa gastar tanto, por unha noite queremos sentirnos como “burgueses”! penso que sería mellor face-las cousas de outra maneira: saír de festa: sí, pero sen exaxerar tanto…, que, sexamos realistas, non se pasa tan ben…
Atopo moito máis interesante ir a un pub con amigos e charlar tranquilamente sobre política, novas,… etc…¿Por que non?Esa noite debería celebrarse de outro modo. ¡Boicot á festa de sempre de Fin de Ano!
P.D: Felicidades P., eres o mellor.






0 Comments on “Celebrar Fin de Ano… ¿de que maneira?”
Leave a Comment