Departures in Vigo Rotating Header Image

Volta á casa en Nadal

Como xa comentei no post anterior o tempo pasa voando…e iso non é ningunha novidade para ninguén…Pero hai certas circunstancias que me fan querer “para-lo carro”…Sinto como se me estivesen contando un conto que me despista ata o punto en que me deixo levar adormecéndome co son das palabras que solta o narrador…pero de súpeto un sutil estímulo faime reaccionar e ahí sae o meu: Oh!Stop!Stop!!!….WTF*** is happening here?(Dígoo en Inglés,pois todo o que me coñece sabe que é a miña 2ª lingua!). Pero bueno…espero que con este “raro?” exemplo se entenda o que quero dicir…

E que…Dios!(ou quen sexa)…É increíble ver que a túa vida corre e ti non fas nada para modificar o que non che gusta…cambia-lo rumbo…,ou simplemente non che da tempo a saber casi o que pasa na túa propia vida!!Non sei pero espero que esta sensación non a teña eu soa…Por qué as veces sinto que todo pasa, a xente anda rápido, avanza…e eu vou despacio? Como se me entretivera con pequenos detalles ou aspectos da miña vida e me estancase ahí…As veces con isto acabo por pensar que vivo nun mundo de fantasía!Só espero non ser a única.

Será unha etapa…Agora volvo á casa en Nadal e por un lado sinto como se non pasaran os anos…as veces véxome como cando tiña 17 anos…e sinto que me quedo no pasado…Creo que me viría ben a tomar o aire e toma-las cousas con máis frialdade…si, iso é algo que fun aprendendo cos anos. Só espero poder disfrutar do Nadal e dos meus seres queridos.E que iso sexa para todos.Pois a pesar da “parafernalia” do Nadal…que parece que só sirve para gastar moitos cartos e poñer cara falsa de felicidadee de “oh que bonito todo”, tamén nos recorda que somos afortunados por ter connosco ás persoas que nos rodean e que cun só sorriso nos transmiten paz e tranquilidade, …e empregar o noso tempo para estar máis con eles…é unha boa tarea.

Share and Enjoy:
  • Print
  • Digg
  • Sphinn
  • del.icio.us
  • Facebook
  • Mixx
  • Google Bookmarks
  • Blogplay

0 Comments on “Volta á casa en Nadal”

Leave a Comment