Os meses van pasando e eu deixo a un lado unha parte de mín para non pensar en máis que no deber, nas clases. Dende que comecei o curso intento olvidar que teño esta parte de min aquí acumulando a cabeza de preguntas sen respostas; decidín olvidarme de parte de mín para centrarme no novo. E con ganas fago o que fago. (…,…)
Pero no fondo non podo olvidar o que un día fun,no que as circunstancias me convertiron, e o que nun tempo sentía.
Despois de unha viaxe de recordo cheguei a conclusión de que o especial non estaba no lugar, senon nas persoas, o momento, as sensacións e as vivencias nun contexto concreto e diferente. O especial non é un lugar, nin unha idade, nin unhas persoas…senon que o especial nos pode agardar en calquera lugar e situación que poidamos vivir. O especial é vivi-lo que vivamos con intensidade e en paz interior (iso non quita que non poidamos ter unha loita exterior)…O especial depende de todo…do que xa non podo dicir é si é o destino ou puras casualidades da vida…que cada un o entenda á súa maneira.
As veces aínda me costa respirar ben, parece que o tempo se nos escapa das mans…non o podemos atrapar ou recuperar…ás veces é horrible o vértigo que teño cando escoito as agullas de un reloxio….
Lidia Costa






0 Comments on “Tras meses de ausencia”
Leave a Comment