Departures in Vigo Rotating Header Image

EL GABINETE DEL DR. CALIGARI… en Berlín!

En Berlín visitamos o Museo do Cine, no que un se pode “alimentar” de cine alemán realizado dende a súa aparición ata os nosos días.

Está en Postdamer Platz, dentro de un “futurista” edificio acristalado. Hai que subir en ascensor á 3ª planta e logo baise vendo o museo baixando planta por planta ata volver a chegar a abaixo. Unha vez arriba, comeza un paseo polo pasado cinematográfico máis chamativo para mín: o cine alemán. Despois de ter estudiado historia do cine na carreira, quedei prendida do expresionismo alemán; e aquí Pablo e máis eu vimos cousas xeniais: dende maquetas da miña película antiga favorita: El Gabinete del Dr. Caligari , escenas e fotografías de gran formato das películas alemanas máis importantes da súa historia, a vestimenta que Marlene Dietrich usou nas diferentes películas nas que actuou, escenas de cine mudo que vías nuns monitores escondidos e tumbados nuns caixóns metálicos que abrías sen saber que contiñan…, salas con balcón e vistas ó piso de embaixo todas repletas de espellos e unha fotografía xigante que ocupaba os 2 pisos…e que provocaban así unha impresión visual increíble… E cabe falar tamén das figuras xigantes de personaxes míticos de películas como Alien vs. Predator ou Star Wars , e maquetas de animais extraños en escenarios de películas de ciencia ficción.

A verdade é que este museo faise moi chamativo por todo o xogo visual que provoca no visitante.

E de Berlín decir que alucinei co ben coidados que están os espazos naturais e a cantidade que hai destes; así mesmo como a magnífica arquitectura contemporánea que recorre o centro da cidade.

 

Muro de Berlin

Muro de Berlin

 

 

Imaxinábaa vangardista, ruidosa e algo fría antes de ir, pero a verdade é que é vangardista, tranquila e con “personalidade”.Para ser unha capital algo ten que fai que non o pareza e iso transmite certa seguridade á hora de moverte se nón estás habituado a vivir nunha capital.

 

Lidia y Pablo en Berlin

Lidia y Pablo en Berli

 

Das ist Berlin! Auf Wiedersehen!

Share and Enjoy:
  • Print
  • Digg
  • Sphinn
  • del.icio.us
  • Facebook
  • Mixx
  • Google Bookmarks
  • Blogplay

0 Comments on “EL GABINETE DEL DR. CALIGARI… en Berlín!”

Leave a Comment