Rosalía dicía “Adiós ríos, adiós fontes” a unha Galicia que mantiña no corazón con morriña dende a distancia.
Eu sinto unha morriña hacia as terras londinenses, que aínda que non é o meu fogar, si que sentín que o fora durante uns meses. Non o puiden evitar, collinlle cariño a aquelo, e non foi difícil para mín. Deixei un trociño de mín alí, e espero volver e poder recuperalo de novo.
Boto de menos todo, trato de non mirar as fotos por medo a poñerme triste, trato de non conectar cos de alí para non notar tanto que eu xa non estou alí e que outras vidas diferentes continúan tras a miña que rematou alí hai xa máis de un mes.
Fáltame moito escoitar falar inglés o meu redor, e os círculos de culturas que caracterizaban o lugar onde eu vivía, Kingston (aforas de Londres). Se ata me falta a voz que no tren a Londres informaba de cada cousa para que ninguen se sentise perdido. ” This is a Southwest Trains service to London Waterloo” dicía esa voz. “Calling at : Norbiton, New Malden, Raynes Park, Wimbledon, Earlsfield, Clapham Junction, Queenstown Road, Vauxhall and London Waterloo.” “This is Vauxhall, please mind the gap between the train and the platform.”

Con só dicir que hoxe collín o tren de Pontevedra a Vigo* para recordar e enganarme un pouco facéndome sentir que quizáis estaría como en Londres por un intre…
Pero a vida sigue, e agora traballando uns días e en busca de traballo. Volvo a estar na casa, cos meus pais, con Pablo, coas/os miñas/os amigas/os, …e o mellor que se aproxima…a nosa esperadísima viaxe a Berlín! Esa viaxe que levo anos querendo realizar, cando chegue alí non o vou poder crer. E aínda por riba a volver a practicar o meu olvidado alemán!
* Que conste que as vistas dende o tren da preciosa Ría de Vigo non ten nada que envidiar a ningún outro lugar.







0 Comments on “Un mes de distancia para pensar sobre a miña experiencia en UK”
Leave a Comment