Welcome to London Mr. Ferreira, in my transport services the first stop is….A PRIMEIRA PARADA… PORTOBELLO MARKET!¿Cómo o describiría? Alegre,colorista, visual e para pasear por estreitas e bulliciosas ruiñas de grandes casas. A palabra: antigüedades .Así que non vaiades se non vos gusta o antigo, porque non hai nada novo…Para min: exquisito.A continuación: Oxford Street, onde vin algo xenial, que case tódalas tendas de moda que hai tamén as teño en Kingston, así que o feito de ter onde vivo a miña pequena Oxford Street fará que me aforre as 7 librillas de nada das viaxes ó centro de Londres.Baixamos dende Oxford Circus por Regent Street,tamén totalmente comercial e chea ata arriba de xente. Pero deviámonos e de casualidade, como me gusta a min facer as cousas.., chegamos a Carnaby!O noso percorrido rematou en Picadilly Circus, famosa praza onde as haxa, onde nos debimos tirar case media hora conxelados sacando fotos como podiamos cos guantes postos.Por certo, nota: esta praza luce moitísimo máis de noite.






0 Comments on “1ª visita de Pablo a Londres. 1º día”
Leave a Comment