Departures in Vigo Rotating Header Image

Abrindo os ollos.Wake up!

fins-decembro-2007-xaneiro-2008-305.jpgDomingo, 17:27 pm. Xunto o River Thames , beside the river.

Estar aquí sentada,contemplando os cisnes, vendo a súa vida… Aquí, fora da súa casa un fíxase máis. Só se escoitan as aves e os numerosos avións que sobrevoan estes grises ceos. Ceos manchados a veces, e outras veces non tanto, pero que nunca se sabe como transcurrirá o día. Pode amencer despexado, cubrirse, chover e logo volver a despexarse nun só día.

Todo é silencio un atardecer de Domingo, aquí todo abre os Domingos, pero ata as 17 pm. Agora está todo pechado e en silencio. As nubes pasan a unha velocidade que fan pensar a un como pode ser posible. A terra mantense quieta pero a auga do Támesis e as nubes pasan nun velozHai luces no ceo continuamente, hai vida, moita vida ahí arriba. Os avións de Heathrow escóitanse e vense pasar continuamente.

Tamén hai vidas no río, na beira. Barcos de persoas que buscan outro tipo de vida. Persoas que son en parte de auga e en parte de terra. Un barco: Lady Phantasie, non podo evitar mirar ó interior: un home de barba branca, na cabina do barco observando obxectos como se fose o imprescindible na súa vida. Como se estivese preparando algo con isto, organizando unha nova expedición no rumbo da súa vida. A xente pasa diante miña. Irán ás súas casas, faise de noite xa,todo está quieto ó meu arredor excepto a natureza. A natureza está viva, intenta sobrevivir nesta locura.

Agora vexo á miña dereita (a 300 metros aprox.) a ponte que une Kingston con Hampton Court (Kingston Bridge), e os coches pasan fugaces por momentos. Aparecen no plano da miña visión e en segundos desaparecen, ó igual que a xente que pasa diante miña, diante de este vello banco solitario de madeira. As miñas mans son xeo, case non as sinto xa, pero esta man dereita non pode deixar de escribir. A man segue o fluxo da natureza, quere vivir igual que ela, e dicir o que esta me está transmitindo.

Non deixo de pensar na vida de ese home que vive no seu pequeno barco, coa súa amarela luz encendida na súa pequena cabina. Observando ou quizáis recordando pequenos tesouros do seu pasado, que quizáis sexan vivencias convertidas en pequenos obxectos. ¿Por que ese interés neses obxectos? Quero sabelo, quero sentir como ese home está sentindo por un momento.

A man dereita vai sentindo con máis intensidade o frío , lentamente vai perdendo forza e resúltame cada vez máis difícil escribir. é como se puco a pouco deixara de ter a vida que leva a natureza, e xa non pode alcanzar o seu ritmo. A natureza escápaselle do alcance.Adoro esto, pero supoño que estamos feitos tamén para esas cousas como de mentira da nosa vida diaria. Agora penso na muller maior que vín amarrando unhas cordas noutro barco. ¿ Que tipo de vida levará esa muller? E tamén me pregunto como sería toda a súa vida para estar onde está. Persoas divididas entre a auga e a terra…

Non hai momentos mellores que sentir como a brisa move o meu cabelo e lentamente acaricia a miña cara como se de unha mostra de agarimo se tratase.

Soan as campás da Igrexa, son as 6 pm e comezo a deixar de sentir as mans, preciso camiñar un pouco máis á beira de este río.

20 minutos despois:

Estou na ponte, en Kingston Bridge observando o pobo de Kinston ó lonxe. Marchando del por un intre, sen saber que me depara ó outro lado do río. Para moitas pesoas esto que estou vendo é o habitual, pero para mín é algo novo, véxoo de forma moi diferente, e sentir esto é xenial, gústame este novo e breve fogar.

Agora o frío pode comigo. A natureza, un día máis vénceme. Así que marcho a casa, o capítulo remata.

Share and Enjoy:
  • Print
  • Digg
  • Sphinn
  • del.icio.us
  • Facebook
  • Mixx
  • Google Bookmarks
  • Blogplay

0 Comments on “Abrindo os ollos.Wake up!”

Leave a Comment