Moi boas. Preséntome, son Lidia, nacín en Vigo, cidade onde vivín prácticamente durante toda a miña vida. Quizáis non sexa das cidades máis bonitas do mundo, pero co paso dos anos cheguei a conclusión de que a súa situación, o territorio, fai dela unha cidade moi especial. Así que como viguesa 100% mostrareivos , en conxunto con Pablo, unha ampla visión do lugar onde vivimos en relación cos nosos destinos europeos.Estudio a Licenciatura de Belas Artes en Pontevedra, cidade na cal vivín durante dous anos en período académico, da cal tamén falarei. Estou no 4º curso da Licenciatura e actualmente estou vivindo en Kingston, Londres, onde curso un Erasmus. Así que new departure : Cheguei hai unha semana, e tralos arranxos necesarios, comeza aquí un novo camiño e unha nova visión. Tereivos ó tanto do que aquí hai e o que sucede visto dende a miña perspectiva. Adeus a Vigo e Pontevedra, adeus por un tempo. Pablo coidará esas terras, agora a mín tócame facer medrar aquí unha nova planta.Take attention to that luggage. Next flight… you’ll know it soon.






on Ene 30th, 2008 at 23:50
Cuidare de Vigo estate segura. Te echo de menos.